Somos Sarah e lalo

Levamos xuntos uns 7 anos e temos un negocio de artesanía. Encántanos viaxar,camiñar, descubrir lugares naturais, escoitar música e facer cousas xuntos. Non somos

só socios senón tamén parella e mellores amigos. Nos últimos anos decidimos levar anosa relación ao seguinte nivel e comezar un proxecto creativo xuntos como parella. Onoso obxectivo é compartir as nosas experiencias cos demais e gozar da vida tantocomo sexa posible mentres o facemos! Gustaríanos compartir os nosos traballos,coñecementos, experiencias e de todo en xeral contigo!
E para comezar a nosa primeira entrada de blogue, que millor que contarche comocomezou todo.
Corría o ano 2016 e recén chegábamos a O Barco de Valdeorras dende o seu poboveciño, A Rúa a un piso novo, con novos veciños e un feixe de novas aventuras apiques de petar na nosa porta. Tan só levábamos un par de meses cando a avoa deSarah díxonos que tiña un baixo moi preto da casa e por qué non pasábamos poralí a ver se atopábamos algo co que facer uns cartiños.

A sorpresa cando chegamos a ise antigo taller de coches que levabamáis de dúas décadas sen ver a luz e descubrir o vello citroën palasazul da familia e unha pequena oficina chea de caixas sen abrir,automáticamente, brotaron lembranzas da infancia, e unhasganiñas tolas de investigar coma cativos xogando aos detectives.Comezamos a sacar caixas! Un montón de caixas cheas demaquinaria! Niste punto, xa pasamos de «xogar» aos detectives praconvertirnos nunha parella calquera da serie esa do Dmax, «Parejaa la puja» descubrindo un almacén novo

Non temos nin idea de onde saíron todas esas ferramentas, tal vezforan do avó ou do pai da Sarinha xa que eran moi apañados egustáballes argallar, pero atopar maquinaria nova procedente deAustralia, nos seus embalaxes orixinais dos anos 90 eran unhasinal! Unha sinal de que non nos foran a dar moitos cartos por elesse os chegamos a vender
polo tanto, cambiámoslles os enchufes epuxémonos mans á obra!

O primeiro que tivemos que facer, ao noso pesar, foi desfacernos do vellocitroën palas xa que ocupaba moito espazo vital e construir unhas mesas edespois….

A base de moitos ensaio – erros, tutoriais e Pdf´s comezou aaventura de montar o noso humilde obradoiro de artesanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Pinterest

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También podrías disfrutar

Síguenos

Mantente informado de los
nuevos productos y artículos nuevos

Scroll al inicio