Presentámonos!

Somos Sarah e Lalo.

E iste é o noso primeiro post!

Levamos xuntos uns 7 anos e temos un negocio de artesanía. Encántanos viaxar, camiñar, descubrir lugares naturais, escoitar música e facer cousas xuntos. Non somos só socios senón tamén parella e mellores amigos. Nos últimos anos decidimos levar a nosa relación ao seguinte nivel e comezar un proxecto creativo xuntos como parella. O noso obxectivo é compartir as nosas experiencias cos demais e gozar da vida tanto como sexa posible mentres o facemos! Gustaríanos compartir os nosos traballos, coñecementos, experiencias e de todo en xeral contigo!

E para comezar a nosa primeira entrada de blogue, que millor que contarche como comezou todo.
Corría o ano 2016 e recén chegábamos a O Barco de Valdeorras dende o seu pobo veciño, A Rúa a un piso novo, con novos veciños e un feixe de novas aventuras a piques de petar na nosa porta. Tan só levábamos un par de meses cando a avoa de Sarah díxonos que tiña un baixo moi preto da casa e por qué non pasábamos por alí a ver se atopábamos algo co que facer uns cartiños.


A sorpresa cando chegamos a ise antigo taller de coches que levaba máis de dúas décadas sen ver a luz e descubrir o vello citroën palas azul da familia e unha pequena oficina chea de caixas sen abrir, automáticamente, brotaron lembranzas da infancia, e unhas ganiñas tolas de investigar coma cativos xogando aos detectives. Comezamos a sacar caixas! Un montón de caixas cheas de maquinaria! Niste punto, xa pasamos de «xogar» aos detectives pra convertirnos nunha parella calquera da serie esa do Dmax, «Pareja a la puja» descubrindo un almacén novo 😆

Non temos nin idea de onde saíron todas esas ferramentas, tal vez foran do avó ou do pai da Sarinha xa que eran moi apañados e gustáballes argallar, pero atopar maquinaria nova procedente de Australia, nos seus embalaxes orixinais dos anos 90 eran unha sinal! Unha sinal de que non nos foran a dar moitos cartos por eles se os chegamos a vender 😅 polo tanto, cambiámoslles os enchufes e puxémonos mans á obra!

O primeiro que tivemos que facer, ao noso pesar, foi desfacernos do vello citroën palas xa que ocupaba moito espazo vital e construir unhas mesas e despois….

A base de moitos ensaio – erros, tutoriais e Pdf´s comezou a aventura de montar o noso humilde obradoiro de artesanía.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s