Unha tarde no obradoiro

Obradoiros de marquetería en Valdeorras

Descubre o que es capaz de crear coas túas propias mans. Non importa se nunca antes colliches unha serra: aprenderás paso a paso e levarás para casa unha peza feita por ti.

Máis que un obradoiro

A marquetería non consiste só en cortar madeira. É aprender algo novo, desconectar da rutina, compartir experiencias e descubrir que es capaz de crear moito máis do que imaxinabas.

Moitas das persoas que participaron nunca tocaran unha serra. Hoxe levan para casa pezas das que se senten orgullosas.

Non tes que saber facelo. Só tes que atreverte a probalo.

Así se traballa

Cortas, seguimos a plantilla e, paso a paso, a peza vai collendo forma.

Mans cortando unha peza de madeira coa serra de marquetería durante un obradoiro
Mans guiando unha peza na serra de marquetería seguindo a plantilla debuxada a lapis
Pezas recortadas coa serra para un cartel con alambique, toneis e fogueira, antes de montalas

Dous xeitos de comezar

Iniciación

45 €

1 sesión de 3 horas

A mellor forma de descubrir a marquetería.

Inclúe

Fai a túa peza

60 € / sesión

Recomendamos 2 sesións de 3 h · 120 € en total

Escolle o que queres facer e fámolo xuntos.

Inclúe

Todos os prezos levan o IVE incluído. Reserva previa.

Pezas feitas nos obradoiros

Algunhas das pezas que saíron dos obradoiros: siluetas, carteis con nome, figuras caladas e pirogravadas.

Silueta de animal con flores pirogravadas sobre unha base de madeira, peza feita nun obradoiro
Caveira de madeira calada coa serra e pirogravada, peza feita nun obradoiro de marquetería
Letras de madeira recortadas coa serra para un cartel co nome da casa, sobre unha táboa
Peza de madeira cunha figura de animal calada e pirogravada, feita nun obradoiro

Como reservar

Chama ou manda un WhatsApp. Non sabes cal escoller? Cóntanos o que che apetece e aconsellámoste.

Escanea e atópanos

Código QR para atopar Artesanía Enxebre no Linktree

Agasalla un obradoiro

Un agasallo que non se esquece: unha tarde no obradoiro e unha peza feita coas propias mans. O Bono Agasallo vale 6 meses, e quen o recibe non ten que reunir o grupo mínimo: se non chegan a 3 persoas, xuntámolas con outras.

Preguntas frecuentes

Non. Moitas das persoas que participaron nunca tocaran unha serra. Aprenderás paso a paso, con plantillas preparadas por nós, e levarás a túa peza rematada.

Arredor de 3 horas, un pouco máis ou menos segundo o grupo e a peza.

A idade mínima é de 14 anos.

Os obradoiros fanse en grupos reducidos e precisan un mínimo de 3 persoas. Se non tes grupo, escríbenos e dicímosche cando hai un en marcha.

A peza que fixeches, rematada. O material está incluído en todas as sesións.

No noso taller: Praza Ramón Otero Pedraio, 12 baixo, Viloira (O Barco de Valdeorras). Hai aparcadoiro gratuíto a uns 200 m.

Os prezos levan o IVE incluído. Para reservar a praza pedimos un adianto de 15 € por Bizum, e o resto páganse o día do obradoiro.

Si, durante os obradoiros facemos fotos e vídeo para as nosas redes sociais (Instagram e Facebook). Se non queres saír, avísanos.

Para concellos, asociacións e centros

Levamos o obradoiro onde nos necesitedes: concellos, asociacións, albergues, colexios e centros de formación. Pídenos o dossier e cóntanos que precisades.

Onde estamos

Praza Ramón Otero Pedraio, 12 baixo
32315 Viloira, O Barco de Valdeorras (Ourense)

646 896 273
info@artesaniaenxebre.com

Aparcadoiro gratuíto a uns 200 m.

Da madeira ás túas mans.

Carriño da compra
Scroll ao inicio