Unha tarde no obradoiro
Obradoiros de marquetería en Valdeorras
Descubre o que es capaz de crear coas túas propias mans. Non importa se nunca antes colliches unha serra: aprenderás paso a paso e levarás para casa unha peza feita por ti.
- Sen experiencia previa
- Materiais incluídos
- Grupos reducidos
- Peza rematada para levar
Máis que un obradoiro
A marquetería non consiste só en cortar madeira. É aprender algo novo, desconectar da rutina, compartir experiencias e descubrir que es capaz de crear moito máis do que imaxinabas.
Moitas das persoas que participaron nunca tocaran unha serra. Hoxe levan para casa pezas das que se senten orgullosas.
Non tes que saber facelo. Só tes que atreverte a probalo.
Así se traballa
Cortas, seguimos a plantilla e, paso a paso, a peza vai collendo forma.



Dous xeitos de comezar
Iniciación
1 sesión de 3 horas
A mellor forma de descubrir a marquetería.
Inclúe
- Uso básico da serra de marquetería
- Técnicas de corte e seguridade
- Traballo con plantillas preparadas por nós
- Peza rematada para levar para casa
Fai a túa peza
Recomendamos 2 sesións de 3 h · 120 € en total
Escolle o que queres facer e fámolo xuntos.
Inclúe
- Carteis e placas personalizadas
- Agasallos feitos a man
- Proxectos con máis detalle e acabado
- Falamos antes do que queres facer
Todos os prezos levan o IVE incluído. Reserva previa.
Pezas feitas nos obradoiros
Algunhas das pezas que saíron dos obradoiros: siluetas, carteis con nome, figuras caladas e pirogravadas.




Como reservar
Chama ou manda un WhatsApp. Non sabes cal escoller? Cóntanos o que che apetece e aconsellámoste.
Escanea e atópanos
- Escolle unha data que che veña ben
- Grupos a partir de 3 persoas (iniciación e proxecto, no mesmo grupo)
- Material incluído en todas as sesións
- Reserva previa cun adianto de 15 € por Bizum; o resto páganse o día do obradoiro
Agasalla un obradoiro
Un agasallo que non se esquece: unha tarde no obradoiro e unha peza feita coas propias mans. O Bono Agasallo vale 6 meses, e quen o recibe non ten que reunir o grupo mínimo: se non chegan a 3 persoas, xuntámolas con outras.
Preguntas frecuentes
Non. Moitas das persoas que participaron nunca tocaran unha serra. Aprenderás paso a paso, con plantillas preparadas por nós, e levarás a túa peza rematada.
Arredor de 3 horas, un pouco máis ou menos segundo o grupo e a peza.
A idade mínima é de 14 anos.
Os obradoiros fanse en grupos reducidos e precisan un mínimo de 3 persoas. Se non tes grupo, escríbenos e dicímosche cando hai un en marcha.
A peza que fixeches, rematada. O material está incluído en todas as sesións.
No noso taller: Praza Ramón Otero Pedraio, 12 baixo, Viloira (O Barco de Valdeorras). Hai aparcadoiro gratuíto a uns 200 m.
Os prezos levan o IVE incluído. Para reservar a praza pedimos un adianto de 15 € por Bizum, e o resto páganse o día do obradoiro.
Si, durante os obradoiros facemos fotos e vídeo para as nosas redes sociais (Instagram e Facebook). Se non queres saír, avísanos.
Para concellos, asociacións e centros
Levamos o obradoiro onde nos necesitedes: concellos, asociacións, albergues, colexios e centros de formación. Pídenos o dossier e cóntanos que precisades.
Onde estamos
Praza Ramón Otero Pedraio, 12 baixo
32315 Viloira, O Barco de Valdeorras (Ourense)
646 896 273
info@artesaniaenxebre.com
Aparcadoiro gratuíto a uns 200 m.

