Artesanía en madeira feita a man en Valdeorras
Pezas únicas por encargo, co teu nome e a túa mensaxe.
Traballos por encargo
Pezas feitas para ti, unha a unha
A Árbore da vida, homenaxes, carteis, aneis tallados e agasallos con nome. Contános a túa idea e facémola de madeira.
Ver todos os traballos por encargoOs valores de Artesanía Enxebre de Valdeorras son os seguintes:
Sustentabilidade
Calidade
Personalización
Artesanía
Respecto
Cóntanos a túa idea
Facemos pezas únicas por encargo, co teu nome e a túa mensaxe.
Clientes Satisfeitos

Non podemos dicir outra cousa que non sexa espectacular, Sarah e Lalo, e tamén a miña noraboa a artesana do coiro que fixo as cinchas, un traballo impecable. Dende o momento en que solicitei a peza para agasallar, entenderon o que necesitaba; como di a miña filla, "entenderon a vibra". Poñen a súa alma en cada cousa que fan, unha verdadeira obra de arte, utilizando materias primas da nosa terra, deixando a sua impronta no seu traballo, facendo da peza algo único, e xerando detalles cunha sensibilidade única. O texto persoal eriza a pel. Fixeron deste agasallo "o máis especial da sua vida"; non se pode pedir máis. Marabilloso. Mil grazas polo voso "máis que traballo".

Excelentes pezas artesanais!!! Facía tempo que seguía os seus traballos e estaba alucinada con case todo. A ptimeira vez que pedín un encargo, foi unha experiencia fermosísima. Unha peza especial, personalizada e xa cando recibimos o 📦 foi o máximo. O envoltorio é tan coidado como as pezas. De verdade, se tedes que facer un agasallo especial, acudide a "Artesania Enxebre" Lalo e Sarah son marabillos@s e encantadores. Xa non digo nada se te agasallan alho feito por eles, o máximo de alegría. Coidemos o noso e aos nos@s artesáns!!!

Sempre que quero un agasallo de madeira, penso neles. Dende unha táboa de corte ata un cartel. Pasando polos altofalantes que son super ecolóxicos. Tratan a madeira con moito agarimo. Amais son moi creativos e profesionais. Aman o que fan <3

Un traballo maravilloso o que fan Sara e Lalo de Artesanía Enxebre. Traballo personalizado feito a man e con moito cariño. Cada pieza e única porque conta unha historia. Sen dudalo recomendó o seu traballo para agasallar, para decorar ou para que forme parte do teu espazo de vida.

Excelente carpintería. Moi original e artística. Contento coas miñas pezas.






