Traballos por encargo en madeira

A Árbore da vida

O noso agasallo especial: unha árbore en relevo con corazóns de madeira, feita a man co voso nome e a vosa frase.

Piñeiro, castiñeiro, noqueira e makore. Unha peza distinta para cada persoa.

Árbore da vida de madeira en relevo con corazóns azuis e verdes, co nome dun casal e a frase O amor non é contar anos, senón que os anos conten pirogravada na base

Cada árbore, unha historia

Cada árbore leva a vosa familia

Cada Árbore da vida faise de cero para quen a recibe: un aniversario, unhas vodas de ouro, os cen anos dunha persoa querida ou unha familia enteira. Os nomes van nos corazóns, no tronco e nas raíces, e unha frase na base.

  • Tronco e pólas en relevo, e os corazóns postos un a un.
  • Nomes nos corazóns e unha frase pirogravada na base.
  • Corazóns ao natural, coa veta da madeira, ou pintados en cores.
  • Madeiras: piñeiro, castiñeiro, noqueira e makore, combinadas segundo a peza.

Canto cabe depende do tamaño da peza. Cóntanos cantos nomes e que frase queredes e dicímosvos como queda mellor.

Árbore da vida de madeira en relevo cos nomes dunha familia pirogravados nos corazóns e unha frase na base ondulada
Árbore da vida de madeira en relevo para uns cen anos, cos nomes da familia nos corazóns e unha base de noqueira pirogravada

Pezas por encargo

Que podemos facer para ti

Sempre co teu texto, o teu nome e o teu estilo. Escolle a situación que máis se parece á túa e cóntanos a idea.

Premios e agasallos para empresas e entidades

Galardóns, trofeos, medallas e detalles para xornadas, rutas gastronómicas, homenaxes e aniversarios. Co voso nome e a vosa mensaxe, en tiradas pequenas ou grandes.

Encargar algo así
Tres galardóns de madeira con asa de cores e texto pirogravado para as Xornadas Gastromimate de ValdeorrasTrofeo de homenaxe con tres tiras onduladas de madeira e resina vermella, amarela e violeta sobre unha peana con placaCulleres de madeira con detalles de resina como premio da Ruta de Pinchos, sobre unha base de madeiraCunca de madeira con interior dourado sobre un pousa-pratos pirogravado con greca, premio da XII Ruta de PinchosChaveiro de rodaxa de madeira pirogravado co texto 10 anos Rede EusumoPremio Mil Primaveiras: espiral de madeira cunha flor laranxa sobre unha peana de madeira pirogravadaPaxarelas de madeira con retratos pirogravados, presentadas en caixas de madeira para un evento culturalLibro de madeira aberto con texto pirogravado de homenaxe, sobre unha peana de madeira, ao aire libre

Casas rurais, locais e a túa casa

Carteis, lámpadas, espellos e colgachaves con nome para darlle personalidade a un aloxamento, a un negocio ou ao teu fogar.

Encargar algo así
Cartel de madeira rústica pirogravado Benvidos a Valdeorras, Camiño de Inverno, colgado dunha árboreCartel de madeira A Picarela con bandeiras, apoiado na herba ao pé dunha árboreCarteis de madeira pirogravados Casa Pequena do Casal e Reservado para unha casa rural, con dúas pedras co nomeCartel de rodaxa de madeira con casca, O meu lar e un paxaro pintado, para colgarCartel de madeira con letras en relevo «Asociación Mulleres Rurais San Martiño», colocado na fachadaLámpada feita cun tronco oco que deixa pasar a luz cálida, sobre unha base de madeiraCartel de madeira de bordo natural co logotipo e o nome «Yolanda Gómez»Número 42 de madeira con marco escuro e un Tau vermello, sobre unha mesa ao aire libre

Bodas, celebracións e regalos con nome

Aniversarios, bodas, agradecementos e agasallos para parellas e familias. Pirogravado a man, resina e madeira, co teu nome e a túa frase.

Encargar algo así
Folla de madeira pirogravada cunha frase de amor e unha data, agasallo para unha vodaÁrbore da vida de cores en resina sobre rodaxa de madeira, co nome dun casal e unha dedicatoriaAneis entrelazados tallados a man nunha peza de madeira con casca, cunha cinta co nome «A Enciñeira»Símbolo do infinito de madeira con dous corazóns e nomes pirogravados, agasallo para parellasPeza de madeira torneada con ondas de resina azul con burbullas, sobre fondo negroTriskel negro sobre resina azul nunha rodaxa de madeira con casca, sobre pallaTabuleiro de xadrez de madeira con casillas de marquetaría de varias madeiras e pes de madeira escuraRodaxa de madeira pirogravada co texto Súper profe, agasallo de agradecemento para un profesor

Mesa e adega

Botelleiros, táboas, azucreiros, abridores e pousavasos con nome ou frase pirogravada, para quen gusta da mesa ben posta (e dun bo viño).

Encargar algo así
Botelleiro de madeira que sostén unha botella de viño en equilibrio, sobre unha mesaTáboa de madeira con asa e dedicatoria pirogravada, xunto a unha botella de viño e dúas copasAzucreiro de madeira torneada con tapa e o nome Antonio pirogravado, rodeado de froitaAbridor de botellas de madeira co nome Enxebre pirogravado, xunto a unha cervexa e pousavasosCaixa de madeira con asa para levar viño, sostida coa manTáboa de corte de madeira de cerdeira con asa e unha dedicatoria, sostida coa manPousavasos de madeira cun soporte e a frase Traio un andar mudiño pirogravadaCunca e cubertos infantís de madeira (culler, garfo e coitelo) co nome «Xiana» pirogravado

Así de sinxelo

Como se fai un encargo

1

Cóntanos a idea

Escríbenos por WhatsApp ou polo formulario: para quen é, para cando a queres e que nome ou frase debe levar.

2

Falamos do deseño

Axustamos o texto, as madeiras e o tamaño, e enviámosche o orzamento.

3

Facémola a man

Fabricámola no noso obradoiro de Valdeorras e enviámola a toda España.

Preguntas frecuentes

O que nos adoitan preguntar

Canto tarda un encargo?

Depende da peza e do momento do ano. Dinos para cando a necesitas e respondémosche enseguida se chegamos.

Que podo personalizar?

Nomes, frases e a dedicatoria da base, dentro das limitacións de cada peza. Cóntanos o que tes en mente e dicímosche o que cabe e como queda mellor.

Con que madeiras traballades?

Piñeiro, castiñeiro, noqueira e makore, entre outras. Combinámolas segundo a peza e o que queiras transmitir.

Canto custa?

Cada peza faise á medida, polo que o prezo depende do tamaño, das madeiras e do traballo. Escríbenos e damosche un orzamento sen compromiso.

Facedes envíos?

Si, enviamos a toda España.

Facedes pezas para empresas e entidades?

Si: premios, galardóns, chaveiros, marcapáxinas e detalles para xornadas, rutas, homenaxes e aniversarios, en tiradas pequenas ou grandes.

Orzamento sen compromiso

Pídenos orzamento

Cóntanos a túa idea e respondémosche canto antes. Tamén nos podes escribir por WhatsApp ou chamar ao 646 89 62 73.

Carriño da compra
Scroll ao inicio