Sobre esta peza
Moucho convida á introspección. Representa a figura dun moucho en repouso, mirando directamente a quen o observa, coma se vixiasen xuntos un segredo compartido entre a noite e a alma. A súa mirada tranquila e penetrante transmite sabedoría, calma e misterio.
O fondo, con elementos de follaxe e sol, sitúa ao moucho nun entorno natural e simbólico — gardián da intuición e do coñecemento que non se aprende, senón que se leva dentro.
Técnica e materiais
A peza foi pirogravada a man sobre madeira de cerdeira brava, especie nobre convertíndoo nunha obra irrepetible. A pintura acrílica en tons de outono —laranxas queimados, azuis profundos, verdes musgo e amarelos dourados— reforza o carácter máxico da escena, evocando o crepúsculo e a transición entre estacións.
Dimensións aproximadas: 30 x 14 x 2 cm. As medidas poden variar lixeiramente polas formas naturais da madeira.
Por que esta peza é especial
Moucho é ideal para:
- Quen busca arte emocional con simbolismo, máis alá da decoración convencional
- Amantes da natureza e da mitoloxía popular galega, onde o moucho sempre tivo presenza e significado
- Un agasallo único e con alma, para persoas que valoran o que se sente antes do que se ve
En Artesanía Enxebre de Valdeorras hai pezas que decoran e pezas que quedan. Esta é das segundas.
Actualmente esgotada. Contacta connosco se queres que che avisemos cando estea dispoñible ou para encargar unha peza similar.
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.










Reseñas
Aínda non hai valoracións.