Arte
Cada cartel que sae do noso obradoiro de Valdeorras parte dunha táboa con historia. Traballamos con madeira de poda: castiñeiro, cerdeira, freixo, nogueira e, ás veces, piñeiro, que doutro xeito acabaría na lareira. Cada peza ten as súas veas, os seus nós e a súa cor, así que dous carteis nunca saen iguais.
Podes personalizalos coa palabra, o nome ou a frase que queiras: o nome da casa ou do negocio, un lema de familia, unha retranca de esas que se din na cociña, unha dedicatoria para agasallar. Rematámolos con pirogravado ou fresado e, nalgúns, con resina epoxi, así que non é un adhesivo nin unha impresión: queda na madeira. O único límite é que o deseño sexa posible. Unha frase curta ou unha palabra ben escollida queda moito mellor que unha parrafada enteira, e se tes dúbidas, cóntanos o que tes en mente e vemos como encaixa. Valen para a entrada da casa, para un local, unha casa rural ou para un agasallo.
Un exemplo con humor galego: o Cartel Retranca, pirogravado a man en castiñeiro, cun raposo xeométrico pintado e a explicación en inglés para quen non sabe o que é a retranca.
Enviamos a toda España.
Preguntas frecuentes
Que madeiras usades?
Madeira de poda aproveitada: castiñeiro, cerdeira, freixo e nogueira, segundo o que teñamos e o que pida o deseño. Cada unha ten a súa cor e as súas veas.
Que podo escribir no cartel?
Unha palabra, un nome, unha frase ou un deseño sinxelo. Se é longa, quizais haxa que axustar o tamaño ou simplificala para que se lea ben. Cóntanos a idea e dicímosche se é posible.
Podo escoller a madeira?
Si, dentro do que teñamos no taller. Cóntanos que cor ou estilo che gusta e propoñémosche a que mellor lle vai ao teu texto.
Canto tarda en estar listo?
Entre 7 e 15 días, segundo a carga de traballo que teñamos nese momento e o complicado que sexa o deseño.
Enviades a toda España?
Si, enviamos a toda España.
Valen como agasallo?
Moito. É das cousas que máis se personalizan: nomes de casa, datas, dedicatorias. Se é para unha data concreta, avísanos con tempo.
Amosando 1–12 de 23 resultados













