Cartel Luscofusco – Pirogravado artesanal en madeira de castiñeiro
O Cartel Luscofusco recolle unha das palabras máis fermosas e case intraducibles da lingua galega. Nomea ese intre suave no que o día e a noite non conseguen decidir cal dos dous manda. É o momento en que a luz se esvaece pouco a pouco sobre as montañas. Todo colle entón un ton entre laranxa e violeta. Esa hora indefinida e chea de calma ten nome propio en galego. En inglés, en cambio, precisa dunha frase enteira para explicarse.
Pirogravado e pintado a man
Na peza, a palabra “Luscofusco” aparece pirogravada a man con trazo redondeado. Acompáñaa unha pequena ilustración pintada á man dun solpor sobre as montañas de Valdeorras, en tons laranxas, vermellos e azuis. Debaixo, unha breve explicación en inglés permite que calquera visitante entenda o significado exacto da palabra.
Técnica e materiais
Peza pirogravada e pintada completamente a man sobre madeira maciza de castiñeiro. A madeira foi escollida pola súa cor cálida e o seu veteado natural. O marco está pintado en negro para resaltar o texto e a ilustración central. Leva ademais unha corda de cánamo xa preparada para colgala. Cada cartel presenta pequenas variacións no veteado que fan que a peza sexa única.
Características principais
Material: Madeira maciza de castiñeiro
Técnica: Pirogravado e pintado completamente a man
Acabado: Marco pintado en negro
Tamaño: 25×12 cm
Colgador: Corda de cánamo incluída
Por que esta peza é especial
O Cartel Luscofusco é ideal para:
- Ensinar cultura galega: unha palabra con alma para amigos ou familia de fóra de Galicia
- Agasallo con identidade: orixinal para visitantes ou turistas que buscan un recordo real do territorio
- Decoración con carácter: perfecto para a casa, un negocio de turismo rural ou un aloxamento
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.







Reseñas
Aínda non hai valoracións.