Cartel Morriña – Pirogravado artesanal en madeira de castiñeiro
O Cartel Morriña recolle unha das palabras máis queridas e coñecidas da lingua galega: a morriña, esa saudade profunda que sente quen está lonxe da súa terra, e que ás veces persiste aínda despois de volver. Non hai tradución exacta para ela porque é un sentimento propio da alma galega.
Pirogravado e pintado a man
Na peza, a palabra “Morriña” aparece pirogravada a man con trazo redondeado. Acompáñaa un faro pintado á man, símbolo de quen alumea o camiño de volta a casa e de quen espera na costa a que alguén regrese. Debaixo, unha breve explicación en inglés permite que calquera visitante entenda o significado exacto da palabra: esa saudade que che segue aínda cando xa estás na casa.
Técnica e materiais
Peza pirogravada e pintada completamente a man sobre madeira maciza de castiñeiro. A madeira foi escollida pola súa cor cálida e o seu veteado natural, que fai resaltar aínda máis os tons azuis e vermellos do faro. Leva ademais unha corda de cánamo xa preparada para colgala. Cada cartel presenta pequenas variacións no veteado que fan que a peza sexa única.
Características principais
Material: Madeira maciza de castiñeiro
Técnica: Pirogravado e pintado completamente a man
Acabado: Marco natural, ilustración pintada en tons azuis e vermellos
Tamaño: 16,5×12 cm
Colgador: Corda de cánamo incluída
Por que esta peza é especial
O Cartel Morriña é ideal para:
- Ensinar cultura galega: a palabra galega máis coñecida no mundo enteiro para describir a saudade
- Agasallo con identidade: perfecto para galegos que viven lonxe da terra, ou para quen quere lembralos
- Decoración con carácter: perfecto para a casa, un negocio de turismo rural ou un aloxamento
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.







Reseñas
Aínda non hai valoracións.