
Do monte ao obradoiro: como recollemos a madeira despois dos incendios
.Antes de coller a motoserra hai que revisar a cadea.

.Antes de coller a motoserra hai que revisar a cadea. Non é o máis emocionante de contar, pero é o máis honesto. Se a cadea está roma non cortas, ou cortas mal, ou cortas perigoso. Ese día estaba chea de serrín e sen fío, con dentes que xa non eran dentes. Había que deixala a punto antes de saír.


Con iso feito, ao monte.
O ano pasado os incendios arrasaron zonas enteiras da comarca. O noso souto tamén ardeu. Cando chegou a primavera fomos ver o que quedaba: árbores caídas, troncos chamuscados, madeira que non iamos deixar alí perder.
Non é unha cousa que planificases moito. Foi máis ben volver ao souto despois do lume, ver o castiñeiro aquel tirado na ladeira, negro por fóra, e pensar: este ten madeira dentro. Porque iso é o que pasa co castiñeiro queimado — por fóra parece morto, carbonizado, feo. Pero cando lle metes a motoserra e abres o tronco aparecen os aneis. Perfectos. A madeira de dentro non ardeu, só o exterior. O árbol tiña décadas, víanse nos aneis, e toda esa vida seguía alí gardada.
Iso non o entendes ata que o ves co corte fresco diante de ti.
O traballo no monte non é glamuroso. É cargar con ramas, esquivar silveiras, pisar barro, sudar. Sarinha recollendo pólas entre a herba mollada. Lalo valorando se un tronco merece o esforzo de baixalo ou non. A motoserra facendo o seu ruído. O cheiro a madeira fresca mesturado co cheiro a queimado que aínda quedaba nalgunhas zonas.
Hai algo estraño en traballar nun sitio que ardeu. Non é triste exactamente, pero tampouco é alegre. É máis ben como recoñecer que o monte segue aí, que a vida volveu — a herba verde cubría case todo, os castiñeiros de arriba tiñan folla nova — e que o que quedou caído pode ter outra vida se alguén lle dá uso.
Nós dámosllo.
Os troncos que merecen a pena vanse ao obradoiro. Alí secan, esperan, e cando están listos empeza o traballo de verdade. Algúns acabarán sendo táboas. Outros en pezas torneadas. Outros en cousas que aínda non sabemos — ás veces a madeira diche ela mesma o que quere ser cando a tes nas mans.
O castiñeiro queimado ten algo especial. A madeira queda con esa cor máis oscura nas zonas próximas á casca, case como se o lume deixara unha marca que a peza leva consigo. Non desaparece ao lijar, queda sutil. A nós gústanos. É parte da historia do árbol, e iso pasa á peza.

Non todo o que collemos serve. Hai troncos que por dentro están podres, ou que teñen grietas que non se ven por fóra. Iso apréndelo co tempo, a golpe de motoserra e de equivocarte. Pero cando acertas e abres un tronco e a madeira está sa, con boa cor e boa veta, a sensación é das que compensan o barro nas botas e as silveiras nos brazos.
Iso é o que non sae nas fotos. Ou si, pero hai que saber miralo.
Algúns acabarán sendo táboas. Outros en pezas torneadas. Outros en cousas que aínda non sabemos — ás veces a madeira diche ela mesma o que quere ser cando a tes nas mans.
E todo ese tempo e ese proceso é o que hai detrás do prezo de cada peza, como explicamos nesta entrada
Se queres ver o proceso en vídeo, séguenos en TikTok

.Antes de coller a motoserra hai que revisar a cadea.

“Unha anécdota que nos fixo moitísima ilusión foi cando Carlos

Ola a todos os nosos estimados lectores que comparten con

Hai catro anos, as circunstancias obrigaron a Sara e Lalo

Ola, amig@s do blogue! Preparádevos para unha dose chea de

Fuente:Instagram @silfest_valdeorras Ola a todos, amantes da artesanía e da

En Artesanía Enxebre apaixónanos crear produtos de alta calidade que

En el taller Ola! Somos Sarah e Lalo. Queremos que


En Artesanía Enxebre de Valdeorras, estamos orgullosos de ofrecer moito