Do monte ao obradoiro: como recollemos a madeira despois dos incendios

Castiñeiro caído e queimado no souto de Artesanía Enxebre en Valdeorras, coa madeira interior intacta tras os incendios

.Antes de coller a motoserra hai que revisar a cadea. Non é o máis emocionante de contar, pero é o máis honesto. Se a cadea está roma non cortas, ou cortas mal, ou cortas perigoso. Ese día estaba chea de serrín e sen fío, con dentes que xa non eran dentes. Había que deixala a punto antes de saír.

Cadea de motoserra con serrín acumulado nos dentes antes de afiar, no taller de Artesanía Enxebre de Valdeorras
Dente de cadea de motoserra recén afiado e limpo, listo para cortar madeira de castiñeiro en Valdeorras

Con iso feito, ao monte.

O ano pasado os incendios arrasaron zonas enteiras da comarca. O noso souto tamén ardeu. Cando chegou a primavera fomos ver o que quedaba: árbores caídas, troncos chamuscados, madeira que non iamos deixar alí perder.

imaxe dos incendios en Valdeorras

Non é unha cousa que planificases moito. Foi máis ben volver ao souto despois do lume, ver o castiñeiro aquel tirado na ladeira, negro por fóra, e pensar: este ten madeira dentro. Porque iso é o que pasa co castiñeiro queimado — por fóra parece morto, carbonizado, feo. Pero cando lle metes a motoserra e abres o tronco aparecen os aneis. Perfectos. A madeira de dentro non ardeu, só o exterior. O árbol tiña décadas, víanse nos aneis, e toda esa vida seguía alí gardada.

imaxe do castiñeiro queimado
tronco cos seus aneis perfectos

Iso non o entendes ata que o ves co corte fresco diante de ti.

O traballo no monte non é glamuroso. É cargar con ramas, esquivar silveiras, pisar barro, sudar. Sarinha recollendo pólas entre a herba mollada. Lalo valorando se un tronco merece o esforzo de baixalo ou non. A motoserra facendo o seu ruído. O cheiro a madeira fresca mesturado co cheiro a queimado que aínda quedaba nalgunhas zonas.

IMG_20260523_164227
Lalo valorando se un tronco merece o esforzo de baixalo ou non

Hai algo estraño en traballar nun sitio que ardeu. Non é triste exactamente, pero tampouco é alegre. É máis ben como recoñecer que o monte segue aí, que a vida volveu — a herba verde cubría case todo, os castiñeiros de arriba tiñan folla nova — e que o que quedou caído pode ter outra vida se alguén lle dá uso.

Nós dámosllo.

Ramas queimadas e caídas

Os troncos que merecen a pena vanse ao obradoiro. Alí secan, esperan, e cando están listos empeza o traballo de verdade. Algúns acabarán sendo táboas. Outros en pezas torneadas. Outros en cousas que aínda non sabemos — ás veces a madeira diche ela mesma o que quere ser cando a tes nas mans.

O castiñeiro queimado ten algo especial. A madeira queda con esa cor máis oscura nas zonas próximas á casca, case como se o lume deixara unha marca que a peza leva consigo. Non desaparece ao lijar, queda sutil. A nós gústanos. É parte da historia do árbol, e iso pasa á peza.

Lalo cunha das táboas cortadas nas máns
troncos que se poden aproveitar na furgoneta

Non todo o que collemos serve. Hai troncos que por dentro están podres, ou que teñen grietas que non se ven por fóra. Iso apréndelo co tempo, a golpe de motoserra e de equivocarte. Pero cando acertas e abres un tronco e a madeira está sa, con boa cor e boa veta, a sensación é das que compensan o barro nas botas e as silveiras nos brazos.

Iso é o que non sae nas fotos. Ou si, pero hai que saber miralo.

Screenshot_20260604_193500_com_hihonor_photos_GalleryMain

Algúns acabarán sendo táboas. Outros en pezas torneadas. Outros en cousas que aínda non sabemos — ás veces a madeira diche ela mesma o que quere ser cando a tes nas mans.
E todo ese tempo e ese proceso é o que hai detrás do prezo de cada peza, como explicamos nesta entrada

Se queres ver o proceso en vídeo, séguenos en TikTok

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che podería gustar

Síguenos

Mantéñase informado dos novos produtos e artículos

Carriño da compra
Scroll ao inicio