
Obradoiros de pirogravado e marquetería
Así foron os nosos obradoiros de pirogravado e marquetería eléctrica: 9 persoas, 11 sesións e pezas únicas. Mira como quedaron!

En xuño de 2021, a web Creando tu provincia entrevistou a Sarah para contar como Artesanía Enxebre seguiu adiante en plena pandemia. A noticia xa non está na súa web, pero podes ler unha copia arquivada. Estas son as ideas principais.
Sarah é galega-australiana: naceu en Geelong (Melbourne) e chegou a Galicia con 6 anos; os seus avós emigraran a Australia desde Viloira. Lalo é de Ourense capital. En 2016 empezaron a restaurar mobles para eles e para a familia e, sen buscalo, a xente comezou a facerlles encargos. Non tiñan ningún artesán na familia: aprenderon o oficio desde cero. O obradoiro está en Viloira, a carón da Casa Grande, no Barco de Valdeorras.
Viñeron malos tempos e os dous quedaron sen traballo. A avoa de Sarah déulles as chaves dun vello garaxe para que vendesen algúns trastos e chegasen a fin de mes, e alí atoparon máquinas australianas de bricolaxe, novas, sen estrear. Para eles foi unha sinal. Empezaron facendo algún moble para eles e cousiñas para a familia e as amizades, subíronos ás redes sociais e, ao ver a boa acollida, decidiron seguir medrando como artesáns.
Traballan basicamente con madeira. A resina é un pequeno acompañamento nalgunhas pezas, segundo o que pida cada cliente, e naquel momento estaban a probar unha peza que levase tamén pizarra de Valdeorras. A madeira vén en boa parte das podas das veciñas e dos veciños: cerdeira, un pouco de nogueira e oliveira, freixo, castiñeiro… Para algo grande en piñeiro, acoden aos serradoiros e carpinterías da zona. Moitas veces a propia forma da póla ou do tronco «dilles» o que quere ser.
As lámpadas (un dos produtos máis fortes), as táboas curvas Montessori, as paxarelas, as táboas de corte e os marcos con botóns de resina.
O máis difícil foi un moble empotrado nunha parede de pedra para Casa Agenor: imposible non era, pero encaixalo todo deu traballo. E unha das anécdotas que máis ilusión lles fixo foi esta:
“Unha anécdota que nos fixo moitísima ilusión foi cando Carlos Blanco nos mandou unhas fotos lucindo unha da nosas “Paxarelas” que lle fixemos chegar para o seu cumpreanos”.
Tamén fixeron un pirogravado a man para a xogadora de baloncesto Laia Palau, un encargo dun seguidor seu que quería mostrarlle o seu apoio.
As cartas de artesán chegaron a comezos de marzo de 2020, xusto cando ían lanzarse ao mercado, e a pandemia freouno todo. A finais de ano, sen aturar máis, lanzáronse en plena pandemia. Rexistrar o obradoiro en Artesanía de Galicia era unha das súas primeiras metas. Sen tenda física, Sarah calculaba que manter as redes ao día era o 50 % do traballo: amosar as creacións sen filtros, como son.
Traballar coa persoa coa que compartes vida e ver a cara de ledicia de quen recolle o seu encargo. Pensaban ir a algunha feira ese verán e, aínda sen tenda física, quizais poñer un escaparate no local para atender encargos con cita previa.
Se queres seguir a historia, le A esencia creativa de Sarah e Lalo, mira a tenda ou coñece os nosos obradoiros de marquetería.

Así foron os nosos obradoiros de pirogravado e marquetería eléctrica: 9 persoas, 11 sesións e pezas únicas. Mira como quedaron!

Unha escultura de madeira no Malecón do Barco que homenaxea ás aureanas, as mulleres que bateaban ouro no Sil, feita por dez mozas e mozos voluntarios coa coordinación de Artesanía Enxebre.

Hai un erro de pirogravado que cometen case tódolos principiantes,

Vale, escoita. Se algunha vez tentaches pirogravar e

.Antes de coller a motoserra hai que revisar a cadea.

En xuño de 2021, a web Creando tu provincia entrevistou

Ola a todos os nosos estimados lectores que comparten con

En xuño de 2020, Somos Comarca dedicoulle unha nota a

Ola, amig@s do blogue! Preparádevos para unha dose chea de

Fuente:Instagram @silfest_valdeorras Ola a todos, amantes da artesanía e da