
Obradoiros de pirogravado e marquetería
Así foron os nosos obradoiros de pirogravado e marquetería eléctrica: 9 persoas, 11 sesións e pezas únicas. Mira como quedaron!

En xuño de 2020, Somos Comarca dedicoulle unha nota a Artesanía Enxebre co titular «Artesanía Enxebre, a arte de darlle vida á madeira». Recollemos aquí o que contaba, e algo máis.
Hai catro anos, segundo se contaba nesa nota, as circunstancias obrigaron a Sara e Lalo a reinventarse. Ambos quedaron no paro e, sen buscalo, apareceu unha sinal que os animou a comezar co que hoxe coñecemos como Artesanía Enxebre.
A avoa dun deles animounos a buscar nun baixo algún tipo de maquinaria ou mobles que puidesen vender “para sacar algo de diñeiro”. Pero ao atopar unha serra de calar, unha lixadora… decatáronse de que había algo máis que facer: aproveitar aquilo e poñerse mans á obra.
Desde aquela fan pezas únicas a partir de madeira vella, ou que á primeira vista non ten ningún uso, e poñen en cada unha o corazón e moito empeño. Dun taboleiro de obra pode saír un cartel decorativo, unha mesa ou unha lámpada: facer cousas novas con cousas vellas, reutilizando, e todo a base de madeira e resina.
Aprenderon sempre por conta propia, a base de ensaio e erro, e invertiron os seus aforros en montar un pequeno taller en Viloira. Pouco a pouco mellorou a calidade dos materiais e das técnicas. A boa acollida da xente do seu arredor animounos a darse a coñecer nas redes sociais, un ano antes daquela nota. Eles mesmos recoñecían que non era fácil: hai moita competencia.
Ningunha peza sae igual que a anterior, por moito que se queira. Ás veces ves un anaco de madeira e non che ocorre nada; ao día seguinte volves, miras outra vez e pensas que ten pinta de lámpada. Poste con ela e colle vida. Para Sara e Lalo, iso é o que lle dá valor ao que fan.
Desde 2020 Artesanía Enxebre forma parte de Artesanía de Galicia e traballa a madeira e o pirogravado con materiais reciclados e madeiras de proximidade. En setembro de 2025 a Xunta visitou o obradoiro de Viloira e destacouno como exemplo de autoemprego e emprendemento novo no rural (nota da Xunta). Se queres ver o que facemos hoxe, visita a tenda, le A nosa historia e propósito ou apúntate a un dos obradoiros de marquetería.

Así foron os nosos obradoiros de pirogravado e marquetería eléctrica: 9 persoas, 11 sesións e pezas únicas. Mira como quedaron!

Unha escultura de madeira no Malecón do Barco que homenaxea ás aureanas, as mulleres que bateaban ouro no Sil, feita por dez mozas e mozos voluntarios coa coordinación de Artesanía Enxebre.

Hai un erro de pirogravado que cometen case tódolos principiantes,

Vale, escoita. Se algunha vez tentaches pirogravar e

.Antes de coller a motoserra hai que revisar a cadea.

En xuño de 2021, a web Creando tu provincia entrevistou

Ola a todos os nosos estimados lectores que comparten con

En xuño de 2020, Somos Comarca dedicoulle unha nota a

Ola, amig@s do blogue! Preparádevos para unha dose chea de

Fuente:Instagram @silfest_valdeorras Ola a todos, amantes da artesanía e da