Cartel Treboada – Pirogravado artesanal en madeira de castiñeiro

Cartel artesanal en madeira de castiñeiro con pirogravado da palabra “Treboada” e ilustración pintada a man dunha tormenta en tons de azul. Feito a man en Galicia. Inclúe corda de cánamo. Envío a toda España.

45,00 

Cartel Treboada – Pirogravado artesanal en madeira de castiñeiro

O Cartel Treboada recolle unha palabra propia da lingua galega: a treboada, esa tormenta de verán que chega de súpeto. Nun intre o ceo escurece e o vento axita todo ao seu paso. Despois, tan rápido como chegou, marcha e deixa o aire limpo e a terra renovada.


Pirogravado e pintado a man

Na peza, a palabra “Treboada” aparece pirogravada a man con trazo redondeado. Acompáñaa unha ilustración pintada á man cunha cápsula de tons azuis, con vento e un raio no seu interior. O debuxo representa a forza repentina da tormenta. Debaixo, unha breve explicación en inglés permite que calquera visitante entenda o significado exacto da palabra.


Técnica e materiais

Peza pirogravada e pintada completamente a man sobre madeira maciza de castiñeiro. A madeira foi escollida pola súa cor cálida e o seu veteado natural. O marco mantense na cor natural da madeira, e é a ilustración en ton azul a que aporta o contraste. Leva ademais unha corda de cánamo xa preparada para colgala. Cada cartel presenta pequenas variacións no veteado que fan que a peza sexa única.

Características principais

Material: Madeira maciza de castiñeiro
Técnica: Pirogravado e pintado completamente a man
Acabado: Marco natural, ilustración pintada en ton azul
Tamaño: 25×11 cm
Colgador: Corda de cánamo incluída

Por que esta peza é especial

O Cartel Treboada é ideal para:

  • Ensinar cultura galega: unha palabra intensa e visual para amigos ou familia de fóra de Galicia
  • Agasallo con identidade: orixinal para quen ama o clima e a paisaxe de Galicia
  • Decoración con carácter: perfecto para a casa, un negocio de turismo rural ou un aloxamento

Rexistro oficial

Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.

Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cartel Treboada – Pirogravado artesanal en madeira de castiñeiro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio