Artesanía e festival de música: Silfest Valdeorras

Screenshot_20230725_111516_Instagram-768x496
Fuente:Instagram @silfest_valdeorras

Ola a todos, amantes da artesanía e da música! Hoxe queremos compartir convosco a nosa incrible experiencia no Silfest de Valdeorras, un festival de música que nos permitiu levar a nosa creatividade ao máximo mentres gozabamos da mellor música en directo.

O que estuvo mellor:

  1. 🌟 O bo ambiente que se crea: Vaia enerxía positiva se respiraba no Silfest! Dende o primeiro momento decatámonos de que a xente viña con ganas de pasalo ben, e iso notábase en cada sorriso e en cada conversa cos visitantes. Compartir a nosa paixón pola artesanía nun ambiente tan festivo foi simplemente incrible.😄✨
  2. 🌳 Un lugar idílico á beira do río Sil: ¡O entorno deixou sen palabras. Entre árbores, á beira do río Sil, o ambiente natural envolvía todo o festival. Estar en harmonía coa natureza mentres amosabamos as nosas creacións fixo desta experiencia algo realmente especial. 🍃🏞️
  3. 🎶 A música en directo: Non podemos explicar o emocionante que foi ter música en vivo durante todo o festival. Creou un ambiente alegre e festivo imprescindible para que a feira de artesanía cobrara vida. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer artistas moi talentosos, abrindo a porta a futuras colaboracións e proxectos. 🎸🎤🎶
  4. 🤝 Conexións con outros artistas e artesáns:

    Unha das mellores partes foi coñecer a outros compañeiros do mundo da artesanía e tamén músicos cos que compartimos intereses. Crear lazos con eles foi moi enriquecedor, tanto a nivel persoal como profesional. Xa estamos desexando ver que nos depara o futuro nesta comunidade creativa.

    🤗👩‍🎨👨‍🎤
Artesanía Enxebre con Pakolas artista que acerca la música en gallego y el rock a los más peques

O Non tan bo:

  1. ⏰ Horas mortas sen concertos: Entendemos que todo o mundo precisa descansar, pero esas horas sen música foron un pequeno reto para nós. Aproveitámolas para recargar enerxía, pero gustaríanos que a xente permanecese máis tempo no recinto para coñecer o noso traballo🕰️🤷‍♀️
  2. 💸 Prezo das entradas e custo do posto: Sabemos que os festivais teñen gastos, pero o prezo das entradas pode dificultar o acceso a algunhas persoas, o que afecta tamén ás vendas. Ademais, o custo do posto é outro factor a ter en conta para nós como artesáns. 💔💰
  3. 🍔🚫 Comida e bebida no recinto pechado:

    Non poder levar comida e bebida propia foi un pequeno inconveniente. Aínda que entendemos as normas, supón un gasto extra que nos fai pensar en como optimizar recursos en futuros eventos.🥤🥪

Conclusión

En definitiva, esta foi a nosa experiencia no Silfest de Valdeorras, e non o puidemos pasar mellor! A pesar dalgúns desafíos, gozamos cada momento e sentímonos agradecidos de poder compartir a nosa paixón con todos vós.

Pensamos que, para futuras edicións, sería interesante que os postos de artesanía estivesen situados antes da entrada ao recinto, facilitando así o acceso e evitando certas limitacións. Pero sen dúbida, foi un festival incrible e pasámolo xenial.

Vémonos no próximo evento!

🎉🎉🎉

Queres coñecer a nosa experiencia noutras feiras? pincha aquí

Queres saber máis sobre este festival?, picha aquí

Galería de imágenes

@artesania_enxebre En vir facernos unha visita na feira do melindre en Melide, ata maña as seis da tarde andaremos de festa🎶🎶🍻🥳🥳 #feira #artesania #galegostiktok #valdeorras #galicia #feitoamao ♬ In The Forest (Acoustic Indie No Copyright) - Instrumental - Lesfm & Olexy
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che podería gustar

Síguenos

Mantéñase informado dos novos produtos e artículos

Carriño da compra
Scroll ao inicio