Pendentes Aurea – Xoia en madeira de piñeiro Huon

Pendentes Aurea de deseño ondulado en piñeiro Huon. O ton dourado da madeira e o seu deseño en movemento fan de cada par algo único. Gancho de aceiro inoxidable.

22,00 

Os Pendentes Aurea son unha xoia de deseño ondulado, feita en madeira de piñeiro Huon. O movemento das ondas crea un xogo de luces e sombras sobre o ton dourado da madeira.

Madeira nobre de Tasmania

O piñeiro Huon é unha especie moi valorada en todo o mundo. Crece de forma extremadamente lenta. Algúns exemplares na natureza acadan miles de anos de vida. Isto dálle unha veta fina e un ton dourado moi característico. Ademais, é unha madeira aromática e moi resistente á humidade e ao paso do tempo.

Feitura artesanal

Cada peza traballase a man. Son lixeiros e cómodos de vestir a diario. O gancho é de aceiro inoxidable, resistente e duradeiro.

Características principais
Material: Madeira de piñeiro Huon (Tasmania)
Deseño: Forma ondulada
Peche: Gancho de aceiro inoxidable
Formato: Xoia en miniatura

Por que esta peza é especial

Os Pendentes Aurea son ideais para:

  • Xoia natural: deseño ondulado que xoga coa luz e o movemento
  • Peza única: veta e ton propios de cada par
  • Materia prima excepcional: piñeiro Huon, unha madeira rara e moi apreciada internacionalmente
  • Lixeiros e cómodos: pensados para vestir a diario


    Rexistro oficial

    Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.

    Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.

Peso1 kg
Dimensións10 × 10 × 2 cm

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pendentes Aurea – Xoia en madeira de piñeiro Huon”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio