Voa é unha obra que nace da mirada dun esquío. A súa silueta, gravada a lume sobre madeira sostible, contén no interior unha paisaxe vista dende o chan: árbores que se elevan cara ao ceo, copas que se abren como camiños de luz e un horizonte que invita a soñar. É o punto de vista do animal, unha perspectiva que nos lembra que a liberdade tamén pode sentirse dende abaixo, coa mirada que ascende e se expande.
Cada liña pirogravada é unha homenaxe á delicadeza da vida salvaxe e á maxia de contemplar o bosque como se fose un voo interior. A madeira, escollida pola súa textura e beleza natural, serve de lenzo para esta experiencia sensorial que une arte, natureza e emoción.
Cun tamaño aproximado de 40 x 24 cm, Voa é ideal para quen busca arte emocional e decoración con alma. Perfecto para dar carácter a unha estancia ou como agasallo especial, esta obra é unha invitación a levantar a mirada e deixar que a natureza nos faga voar.
Se che gustaría ter unha peza similar personalizada ao teu gusto, só tes que contactar connosco e faremos realidade a túa idea.










Valoraciones
No hay valoraciones aún.