Había unha fenda
A madeira de castiñeiro xa a traía, de lado a lado, como unha ferida vella. Podía ser o final da peza, mais foi o comezo. Non a escondemos: cosémola con tres pontes de makoré que a cruzan e que fan da fenda o centro do prato.
O que hai no prato
Cada figura é unha parte do noso logo e conta unha cousa:
- O Camiño. As liñas queimadas que fluxen polo prato. O lume foi debuxando o camiño de todo o que andamos ata chegar eiquí, e entre as liñas aparecen pingas azuis e gotas pequenas.
- A Ponte. As pezas de makoré que cruzan a fenda e unen as dúas metades, como unen Galiza e Australia.
- O Sol. No centro, ao fondo de todos os círculos tallados na madeira (que seguen tamén por riba da ponte do medio), está o sol: o punto de encontro onde se atopan todos os camiños.
Feita a man, unha soa vez
Prato de castiñeiro de 40 cm de diámetro e entre 3 e 4 cm de espesor, con pontes de makoré, círculos tallados e pirogravado feito a man. A veta, a fenda e as marcas da madeira son as que son: non hai outra peza igual nin se vai repetir.
Galaustral
Galaustral é a nosa nova colección e tamén un selo: Galiza e Australia, norte e sur, falando a mesma linguaxe, unha que calquera pode ler, veña de onde veña. Pontes é a primeira peza.
Características principais
| Peza | Prato decorativo pirogravado |
| Madeira | Castiñeiro (prato) e makoré (pontes) |
| Diámetro | 40 cm |
| Espesor | Entre 3 e 4 cm |
| Técnica | Pirogravado a man e tallado |
| Edición | Peza única, a primeira da colección Galaustral |
| Feita en | Valdeorras (Galiza) |
Coidados
Mellor lonxe da humidade e do sol directo. Para limpala, un pano seco ou apenas húmido. É unha peza decorativa: non está pensada para servir alimentos.
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.










Reseñas
Aínda non hai valoracións.