Pontes — Prato pirogravado Galaustral en castiñeiro e makoré

Pontes é a primeira peza da colección Galaustral: un prato de 40 cm en castiñeiro cunha fenda que viña coa propia madeira e que cosemos con tres pontes de makoré. O lume debuxou o camiño e, no centro, ao fondo dos círculos tallados, está o sol: o sitio onde todos os camiños se atopan. Peza única, feita a man en Valdeorras.

145,00 €

Dispoñibilidade: 1 dispoñibles

Había unha fenda

A madeira de castiñeiro xa a traía, de lado a lado, como unha ferida vella. Podía ser o final da peza, mais foi o comezo. Non a escondemos: cosémola con tres pontes de makoré que a cruzan e que fan da fenda o centro do prato.


O que hai no prato

Cada figura é unha parte do noso logo e conta unha cousa:

  • O Camiño. As liñas queimadas que fluxen polo prato. O lume foi debuxando o camiño de todo o que andamos ata chegar eiquí, e entre as liñas aparecen pingas azuis e gotas pequenas.
  • A Ponte. As pezas de makoré que cruzan a fenda e unen as dúas metades, como unen Galiza e Australia.
  • O Sol. No centro, ao fondo de todos os círculos tallados na madeira (que seguen tamén por riba da ponte do medio), está o sol: o punto de encontro onde se atopan todos os camiños.

Feita a man, unha soa vez

Prato de castiñeiro de 40 cm de diámetro e entre 3 e 4 cm de espesor, con pontes de makoré, círculos tallados e pirogravado feito a man. A veta, a fenda e as marcas da madeira son as que son: non hai outra peza igual nin se vai repetir.


Galaustral

Galaustral é a nosa nova colección e tamén un selo: Galiza e Australia, norte e sur, falando a mesma linguaxe, unha que calquera pode ler, veña de onde veña. Pontes é a primeira peza.


Características principais

PezaPrato decorativo pirogravado
MadeiraCastiñeiro (prato) e makoré (pontes)
Diámetro40 cm
EspesorEntre 3 e 4 cm
TécnicaPirogravado a man e tallado
EdiciónPeza única, a primeira da colección Galaustral
Feita enValdeorras (Galiza)

Coidados

Mellor lonxe da humidade e do sol directo. Para limpala, un pano seco ou apenas húmido. É unha peza decorativa: non está pensada para servir alimentos.


Rexistro oficial

Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.


Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.

Peso3 kg
Dimensións50 × 50 × 10 cm

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pontes — Prato pirogravado Galaustral en castiñeiro e makoré”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio