Un faro de cerdeira con punta de buxo
A lámpada Vilán leva o nome do faro de Cabo Vilán, en Camariñas. Alí acendeuse en 1896 o primeiro faro eléctrico de España, nunha costa onde os naufraxios eran cousa de todos os invernos. Esta peza garda algo da súa teima: unha lanterna pequena que, acesa, se nota dende o outro lado da habitación.
Pertence á colección Faros de Artesanía Enxebre, pezas de iluminación torneadas a man e inspiradas nos faros galegos.
Unha porta e unhas fiestras pirogravadas
No fuste de cerdeira van pirogravadas unha porta e unhas fiestras pequenas, feitas a man coa punta do pirógrafo. É un detalle que se descobre cando te achegas: o faro ten a súa porta, por se o faroleiro quere entrar. Arriba, a lanterna calada deixa saír a luz cálida polas aberturas, e a punta de buxo remata a silueta.
Deseñada con intención. Feita con tempo.
Cerdeira e buxo, torneados a man
O fuste e a base están torneados en cerdeira, de tons cálidos e avermellados, e o pé conserva a casca natural da madeira. A punta é de buxo, máis clara e de gran fino, e fai contraste coa cerdeira. A veta e a casca cambian en cada peza, así que non hai dous faros iguais.
Lista para usar
Inclúe cable e portalámpadas. Só tes que enchufala e escoller o sitio: a entrada, unha estantería, a mesiña de noite ou a mesa onde queres que quede unha luz acesa.
Características principais
| Material | Fuste en cerdeira e punta en buxo |
| Medidas | 44 cm de alto x 11 cm de diámetro |
| Detalles | Porta e fiestras pirogravadas, casca natural no pé |
| Colección | Faros |
| Elaboración | Artesanal, torneada e calada a man en Galicia |
| Uso | Interior, sobremesa |
Por que escoller a lámpada artesanal Vilán
- Deseño de autor: faro torneado con lanterna calada e punta de buxo
- Porta e fiestras pirogravadas a man no fuste de cerdeira
- Dúas madeiras, cerdeira e buxo, nunha mesma peza
- Luz cálida que sae polos calados
- Un agasallo con nome e historia da Costa da Morte
Esta lámpada artesanal Vilán forma parte da colección Faros de Artesanía Enxebre.
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre este produto? Contacta connosco e resolvémocha encantados.












Reseñas
Aínda non hai valoracións.