Un altofalante artesanal sen electrónica
EcoSon Galiza é un amplificador de son pasivo feito a man en madeira maciza de castiñeiro. Non leva cables, pilas nin compoñentes electrónicos. O propio corpo de madeira e a súa buguina interior fan de caixa de resonancia natural. Así amplifican o son do teu móbil de xeito totalmente ecolóxico.
Deseño coa bandeira de Galiza
O seu trazo distintivo é a bandeira de Galiza, pintada á man sobre a madeira. A banda diagonal azul destaca sobre a veta natural do castiñeiro. O vermello no interior do corno completa un contraste elegante entre tradición e artesanía. Cada peza é un traballo completamente manual, por iso presenta pequenas variacións no trazo e no acabado que a fan única e irrepetible.
Como funciona este amplificador de son pasivo
O deseño é compacto, en forma de bloque. Só tes que apoialo sobre calquera superficie e introducir o teléfono na fenda. Así conseguirás un son máis alto e máis cheo ao falar, escoitar música ou podcasts, sen gastar enerxía eléctrica.
Un altofalante castiñeiro pensado para durar
Este amplificador de son pasivo castiñeiro forma parte da nosa colección de altofalantes artesanais. Está pensado para quen busca unha alternativa sostible aos altofalantes electrónicos convencionais. Cada exemplar nace dun bloque macizo de castiñeiro, tallado e cavado a man para lograr a forma de corno que amplifica o son sen circuítos nin baterías. O acabado combina o verniz natural da madeira coas cores da bandeira galega.
Un regalo orixinal e galego
Ao non levar compoñentes electrónicos, o mantemento é mínimo e a vida útil é practicamente ilimitada. É un obxecto funcional, sostible e profundamente galego, ideal para agasallar ou para decorar calquera fogar ou despacho. Trátase dunha peza de artesanía limitada: actualmente só queda 1 unidade dispoñible deste modelo.
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.










Reseñas
Aínda non hai valoracións.