Cartel Retranca – Pirogravado artesanal en madeira de castiñeiro
O Cartel Retranca recolle un dos trazos máis recoñecibles do carácter galego: esa forma de falar na que se di unha cousa pero se quere dar a entender outra. É un ton irónico, cun sorriso case imperceptible, un xeito de comunicación indirecta e chea de enxeño. En Galicia é case unha arte, e resulta moi difícil de explicar a quen non a coñece.
Pirogravado e pintado a man
Na peza, a palabra “Retranca” aparece pirogravada a man con trazo redondeado. Acompáñaa unha ilustración pintada á man dun raposo de deseño xeométrico, en tons laranxas, violetas, rosas e azuis. O raposo é símbolo do enxeño e a astucia que caracterizan esta forma de humor. Debaixo, unha breve explicación en inglés permite que calquera visitante entenda o significado exacto da expresión.
Técnica e materiais
Peza pirogravada e pintada completamente a man sobre madeira maciza de castiñeiro. A madeira foi escollida pola súa cor cálida e o seu veteado natural. O marco está pintado en negro para resaltar o texto e a ilustración central. Leva ademais unha corda de cánamo xa preparada para colgala. Cada cartel presenta pequenas variacións no veteado que fan que a peza sexa única.
Características principais
Material: Madeira maciza de castiñeiro
Técnica: Pirogravado e pintado completamente a man
Acabado: Marco pintado en negro
Tamaño: 25×13 cm
Colgador: Corda de cánamo incluída
Por que esta peza é especial
O Cartel Retranca é ideal para:
- Ensinar cultura galega: un concepto con moito carácter para amigos ou familia de fóra de Galicia
- Agasallo con identidade: orixinal para quen aprecia o humor e a retranca galega
- Decoración con carácter: perfecto para a casa, un negocio ou un local con personalidade propia
Rexistro oficial
Artesanía Enxebre forma parte do rexistro oficial de artesáns da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Isto confirma o noso compromiso coa artesanía tradicional e de calidade.
Tes algunha dúbida sobre esta peza? Contacta connosco e resolvémocha encantados.







Reseñas
Aínda non hai valoracións.