Artesanía Enxebre, a arte de darlle vida á madeira

Dúas persoas no taller, con prateleiras e produtos de madeira ao fondo
Dúas persoas no taller, con prateleiras e produtos de madeira ao fondo

En xuño de 2020, Somos Comarca dedicoulle unha nota a Artesanía Enxebre co titular «Artesanía Enxebre, a arte de darlle vida á madeira». Recollemos aquí o que contaba, e algo máis.

Do paro a unha serra de calar

Hai catro anos, segundo se contaba nesa nota, as circunstancias obrigaron a Sara e Lalo a reinventarse. Ambos quedaron no paro e, sen buscalo, apareceu unha sinal que os animou a comezar co que hoxe coñecemos como Artesanía Enxebre.

A avoa dun deles animounos a buscar nun baixo algún tipo de maquinaria ou mobles que puidesen vender “para sacar algo de diñeiro”. Pero ao atopar unha serra de calar, unha lixadora… decatáronse de que había algo máis que facer: aproveitar aquilo e poñerse mans á obra.

Pezas únicas con madeira que parecía non servir

Desde aquela fan pezas únicas a partir de madeira vella, ou que á primeira vista non ten ningún uso, e poñen en cada unha o corazón e moito empeño. Dun taboleiro de obra pode saír un cartel decorativo, unha mesa ou unha lámpada: facer cousas novas con cousas vellas, reutilizando, e todo a base de madeira e resina.

Aprender a base de probar

Aprenderon sempre por conta propia, a base de ensaio e erro, e invertiron os seus aforros en montar un pequeno taller en Viloira. Pouco a pouco mellorou a calidade dos materiais e das técnicas. A boa acollida da xente do seu arredor animounos a darse a coñecer nas redes sociais, un ano antes daquela nota. Eles mesmos recoñecían que non era fácil: hai moita competencia.

Cada peza ten a súa historia

Ningunha peza sae igual que a anterior, por moito que se queira. Ás veces ves un anaco de madeira e non che ocorre nada; ao día seguinte volves, miras outra vez e pensas que ten pinta de lámpada. Poste con ela e colle vida. Para Sara e Lalo, iso é o que lle dá valor ao que fan.

E despois?

Desde 2020 Artesanía Enxebre forma parte de Artesanía de Galicia e traballa a madeira e o pirogravado con materiais reciclados e madeiras de proximidade. En setembro de 2025 a Xunta visitou o obradoiro de Viloira e destacouno como exemplo de autoemprego e emprendemento novo no rural (nota da Xunta). Se queres ver o que facemos hoxe, visita a tenda, le A nosa historia e propósito ou apúntate a un dos obradoiros de marquetería.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che podería gustar

Síguenos

Mantéñase informado dos novos produtos e artículos

Carriño da compra
Scroll ao inicio